O sábado o CD Portosín alevín caeu derrotado ante o Cordeiro por 2-3 na Copa de Boiro, nun partido no que o cansanzo acumulado de certos xogadores favoreceu ao conxunto de Valga-
Comezou gañando o Portosín logo de que Edu fixera o 1-0, e a partir de aí o dominio foi total do Portosín ata pouco tempo antes do descanso, cando o Cordeiro conseguiu o empate. A segunda metade foi de dominio case total do Cordeiro, que marcou dous goles, e semellou ter o partido controlado, ata que outra xenialidade de Edu, puxo emoción no marcador.
E no derradeiro minuto chegou a xogada polémica, que ademais foi inexplicable. Logo dun falta o rexeite chegoulle a Edu, que saía da barreira e este marcou o que sería o 3-3 pero o colexiado decretou o final do partido e non deu validez ao tanto, certo é que pitou logo de que o balón xa traspasará a liña de gol. INEXPLICABLE.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario