lunes, 7 de abril de 2008

Catro goles de Mar danlle a victoria ao Portosín

O C.D. Portosín venceu este domingo ao Unión B por 4-1 no campo de Trapa.

A pesar de que comezou o partido moi mal, e aos dez minutos adiantouse o conxunto visitante o conxunto portosinense, rematou impoñéndose na xornada deste domingo.

Ao remate da primeira metade, Mar, dende dentro da area logo dun pase de Javi empataba o partido, e así se chegaba ao descanso. Rematado o descanso o C.D. Portosín foise arriba e decidido a polo partido. Primeiro un gol de libre indirecto de Mar, e despois outros dous goles do mesmo xogador, fixeron que o partido rematase con 4-1.

A pesar desta victoria o equipo continua no décimo posto con 43 puntos, a 1 de Cruído e Cures, e a 4 do Aguiño e 6 de Cabo de Cruz (ambos cun partido máis).

A vindeira xornada o C.D. Portosín visita ao Galicia Bealo, un equipo que este domingo perdeu a oportunidade de deixar sentenciada a loita polo ascenso, pero que logo de perder ante o líder a domicilio, ve como se lle achegan Lesende e Puebla, se ben é certo que o conxunto bealense conta con un partido menos que ambos. Outra das novas da xornada é que o líder, o Crocha xa é equipo de Segunda Autonómica.

viernes, 4 de abril de 2008

Xornada importante na liga

Este domingo vivirase en Terceira Autonómica a que será a xornada máis decisiva de cara aos postos que dan dereito a xogar o ano que ven en Segunda Autonómica.

Son dous os partidos que marcaran especialmente esta xornada, o Crocha-Galicia Bealo e o Lesende-Puebla, é dicir, primeiro contra segundo e terceiro contra cuarto.

O partido Crocha- Galicia Bealo podería deixar aos locais ao remate en Segunda matemáticamente e aos visitantes metelos en problemas de cara á recta final. o Crocha que conta con 70 puntos, ainda perdendo seguiría mantendo moitas opcións de xogar a vindeira tempada en Segunda, mentres que a victoria do Bealo o deixaría a 3 puntos do conxunto crochense, cun partido menos, o suspendido ante o Sálvora co resultado de 1-2 en favor dos de Bealo.

Moi atentos a este partido estarán o terceiro e o cuarto que miden as súas forzas no campode Cabanetán. Un partido que estará marcado polo trascendental que é para ambos equipos, xa que unha derrota os deixa practicamente fora da loita polo ascenso. O conxunto lesendista está con 63 puntos na clasificación, mentres que o Puebla conta con 62.

Só o Crocha pode ser esta fin de semana matemáticamente equipo de Segunda, coa seguinte combinación de resultados, a súa victoria, e un empate no outro encontro, xa que iso os deixaría a 9 puntos do terceiro, que sería o Lesende con 64 puntos co gol average a favor do Crocha, a falla de 9 puntos.

En referencia aos descensos hai dous equipos que o vindeiro ano xogarán na Terceira autonómica procedentes de Segunda, o Carreira e o Palmeira, este milita no grupo 5º ainda que por proximidade o ano que ven xogará no grupo 7 de Terceira autonómica.

lunes, 31 de marzo de 2008

Inxunsta derrota en Cures

O noso equipo caeu derrotado o domingo no campo do Cures, nun partido no que foi claro dominador e claro prexudicado, xa que 3 dos seus xogadores sairon tocados do partido ante un rival especialmente duro nun partido no que non se xogaba nada.

O partido comezou co dominio dos portosinenses e sen chegadas claras para ningún dos dous equipos a pesar de que o conxunto visitante dominaba o centro do campo claramente. O partido tivo a súa primeira ocasión no minuto 40 cando Maneiro errou un man a man ante o porteiro do Cures. No minuto 45 a xogada máis indignante do partido, cando o colexiado do encontro obviou unha agresión dun xogador do conxunto local a Richard dentro da área. Froito desa xogada, o xogador portosinense tivo que ser substituido cunha brecha na cella, polo que foi trasladado ao centro de Saúde.

Logo de atender ao xogador, o colexiado dixo que tiña rematada a primeira metade, e nun despiste, o Cures marcou no minuto 50.

Na segunda metade máis do mesmo, dominio do Portosín, con dous mans a mans fallados, e nunha contra o Cures fixo o 2-0.

A vindeira semana ás 17 horas C.D. Portosín - Unión B.

miércoles, 26 de marzo de 2008

Partidazo en Trapa. Portosín 0 Puebla 1

O partido desta fin de semana entre o C.D. Portosín e o Puebla, resultou ser un dos partidos máis vistosos da tempada actual.

O que se prevía unha victoria facil para os pobrenses, dado a necesidade dos puntos, e que chegaban a Trapa con toda a súa artillería para non perder a estela do ascenso, do que o separaban 5 puntos, convertiuse nun partido entretido entre dous equipos que semellaron parecidos en canto ao seu fútbol, a pesar da diferenza de puntos na clasificación.

O conxunto portosinense saiu moi motivado, e froito do seu xogo vistoso creou numerosas ocasións contra a portería pobrense durante toda a primeira metade, ao igual que o elenco pobrense que respondía con ocasións ás acometidas do rival.

A segunda metade foi máis entretida, o Portosín tivo a ocasión máis clara do partido no minuto 70, cando o porteiro pobrense sacou unha man prodixiosa para evitar que o disparo de Dario se convertese no 1-0, e 5 minutos despois un erro defensivo do noso equipo fixo que o Puebla subise o único gol do partido ao marcador. A partir de aí pouco que reseñar ataque tras ataque pero sen cambios no marcador.

Mención especial tamén para o colexiado do encontro, que sen dúbida algunha foi o mellor colexiado de todos os que pasou por Portosín esta tempada.

lunes, 10 de marzo de 2008

Dúas victorias e unha derrota esta fin de semana

Esta fin de semana xogabanse catro partidos dentro das disciplinas do C.D. Portosín, pero ao final só se desputaron tres.

O sábado pola mañá o conxunto alevín derrotou ao Carreira B en Trapa por un contundente 7-0, ainda que esta goleada na derradeira xornada de liga de pouco lles serve dado que xa non tiñan opcións matemáticas de colarse na loita pola fase final. O Portosín amosou o fútbol que o levou a ser campión de inverno e que perdeu durante a segunda volta, para rematar en quinto lugar a liga regular.

Pola tarde, o conxunto veterano, non chegou a desputar o seu partido, ao presentarse o seu rival con só seis xogadores no campo de Trapa.

Dentro da xornada electoral do domingo, o conxunto feminino visitaba ao Dubra, ás 12 horas, e colleitaron unha dolorosa derrota por 10-0, ante un rival que loita por rematar entre os 4 primeiros.

O derradeiro partido desputouse na tarde de onte, e o noso conxunto impúxose ao Baroña por 4-1, nun partido marcado pola incomparecencia arbitral e que fixo que un aficcionado se convertise en colexiado do encontro. O C.D. Portosín chegou ao descanso co marcador 3-0 e na segunda metade acadou o cuarto ao pouco tempo de comezar, e o Baroña mediada a segunda metade marcou o gol da honra.

A vindeira semana os partidos son os seguintes:

Sábado : Atl. Melide - Sograni Portosín (Veteranos, 16.30 h.)
Domingo: C.D. Portosín - Boiro (Feminino, 12.00 h.)
Olveira - C.D. Portosín (3ª Aut., 16.30 h.)

lunes, 10 de diciembre de 2007

Dúas derrotas esta semana.

O conxunto de Terceira Autonómica perdeu onte ante o líder no campo de Trapa. O conxunto portosinense saiu a gañar o partido e foi mellor que o seu rival ata que Dieste, colexiado do encontro, comezou o seu espectaculo.

O Portosín comezou dominando o encontro co seguinte once: Beatle na portería, Héctor e Abel nos laterais, no centro da defensa Alfonso e Popa, por diante Richard e Pedro, de media punta Mar, e na dianteira, Álvaro, Maneiro e Darío.

No minuto 5 de partido Darío tivo unha ocasión de gol á que seguiu un tiro dende lonxe do Galicia Bealo que bateu no longueiro da portería, e a partir de aí o Bealo non volveu a aparecer ata a xogada máis determinante do partido. Dúas ocasións de Maneiro amosaron que o Portosín non ía ser un equipo sinxelo de batir para un líder que non era capaz de pasar do medio campo sen recurrir ao patadón, e nun deses, un dianteiro en fora de xogo recibe o balón só, Alfonso estórballe e mételle o corpo, o dianteiro tira, falla a ocasión e deixase caer ao borde do área e o arbitro do encontro pita falta e co cartón amarelo na man dirixese ao defensa, e vendo quen era decide non amonestalo senón expulsalo, no minuto 20, deixando ao Portosín con 10.

A partir de aí o Portosín seguiu atacando e ata o minuto 40 aguantou ao seu rival pero nese minuto o Bealo adiantouse no marcador. Anteriormente o Portosín tivera que realizar dous cambios, Richard por Pitu e Héctor por Mingochas, ambos lesionados.

Aínda non tendo suficiente co protagonismo que xa tiña, o colexiado perdooulle a expulsión a un xogador do Bealo, que lle recriminou unha xogada na que lle amosou o cartón amarelo, chegando a encararse con el, e no minuto 45 da primeira metade non pitou un claro penalti sobre Dario, nin unha man ao borde da área na seguinte xogada, o que provocou as protestas do cadro local.

Na segunda metade o Portosín aguantou ata que decidiu arriscar e xogar só con 3 defensas, e aí rematou o partido, no minuto 75 o Bealo fixo o 0-2, no 82 o 0-3 e no 87 o 0-4 co que rematou o partido, e no 85 o colexiado non viu unha man moi clara dentro da área do conxunto visitante.

Ao remate do partido, o adestrador e o presidente do Portosín amosaronse indignados pola actuación arbitral, sobre todo coa xogada que no minuto 20 marcou o rumbo do partido, cando o Portosín tiña acorralado ao seu rival.

Tamén o xoves no campo de Framán o Portosín caeu derrotado na ida de trinta e dousavos de final da Copa do Sar ante o Bugallido (4-2). O Portosín comezou perdendo e Popa empatou no minuto 20 de cabeza, e na primeira parte Javi fallou dúas ocasións que puideron ter decantado o partido. Logo nun cuarto de hora, o Bugallido fixo 3 goles, e só Popa, a dous minutos do final puido maquillar un pouco o resultado que deixa a eliminatoria moi aberta para a volta, o 20 de marzo (Xoves Santo) no campo de Trapa.

Derrota do equipo feminino

O conxunto feminino caeu derrotado este xoves ante o Ciudad de Santiago en Trapa pola mínima (2-3) nun partido no que o noso equipo chegou a ir gañando por 2-0, pero que non foi capaz de aguantar a un rival que sumou a súa quinta xornada consecutiva gañando. O conxunto portosinense segue mantendo o décimo posto na taboa e a vindeira xornada, derradeira da primeira volta, visita o campo da segunda clasificada, o equipo do Galicia Gaiteira coruñés.

O Conxunto alevín, campión de inverno

O C.D. Portosín alevín acadou unha victoria este xoves, ante o Carreira B con total rotundidade (2-8). No campo de A Guía o conxunto portosinense xogabase o liderádego do grupo, que levaba ostentando dende comezo de tempada o Xuventú Aguiño B, equipo ao que lle tocaba xornada de descanso.
O Portosín saiu mentalizado de que podía alcanzar o primeiro posto e conseguiuno nun partido no que Gabriel amosou a súa capacidade goleadora ao ser o autor de catro tantos. A vindeira xornada, primeira da segunda volta, o C.D. Portosín visita o campo de Trumiáns para medirse ao Artes B, nun partido que se presume de vital importancia para os portosinenses, xa que unha victoria distanciaría ao rival na clasificación dado que agora só hai 2 puntos de distancia entre o noso clube e o segundo equipo de Artes (26-24), estando o Carreira con 25 e o Xuventú Aguiño B con 24.

martes, 4 de septiembre de 2007

O C.D. Portosín recibe unha goleada nun campo no que nunca gañou.

Comezou a liga moi mal para o conxunto de Trapa. No seu campo maldito, o de herba artificial da Tasca en Aguiño, no que nunca gañou e do que en varias ocasións saiu goleado o conxunto portosinense, volveu sair cun saco de goles. O partido comezou moi mal, xa que nos primeiros minutos, o Portosín recibía un gol, e preto do cuarto de hora o segundo. Logo, dúas ocasións moi claras, nas que nin Maneiro nun remate de cabeza por riba do pao longueiro, nin Javi, logo de que o balón botara e se fora por riba do longueiro foron capaces de materializar. O conxunto portosinense comezou ben a segunda metade e nunha xogada embarullada no área estivo a piques de recurtar distancias. Pero o Sálvora, marcou o terceiro e o cuarto en dous minutos, e a lesión do porteiro Ivan, fixo que o conxunto portosinense se quedase con dez sobre o campo, e logo, o quinto, pechou a conta. O Portosín sae da primeira xornada como colista, e agora agardará remontar co paso das xornadas.