domingo, 3 de junio de 2007

Portosín e Baroña molesto con Martínez Millán pola forma en que suspendeu o partido

Este domingo a Copa do Concello sonense só decidiu dous semifinalistas, o Porto do Son que gañou 2-0 ao Nebra e o Xuño, que saiu victorioso do seu choque ante o Queiruga (3-1).

O outro partido que decide outros dous semifinalistas, xa que será tamén a chave para decidir ao mellor perdedor, foi suspendido no minuto 75 de maneira inexplicable polo colexiado do mesmo Martínez Millán cando o Portosín gañaba por 3-1 ao Baroña. O partido segundo o que pon na acta suspendeuno ao non haber balóns no terreo de xogo, cando había tres nos aledaños, e nunha xogada os balóns foronse fora e tardou un minuto en reanudarse o partido, e logo semella que ao arbitro do encontro non lle apeteceu seguir pitando o que provocou a crispación tanto dos locais coma dos visitantes.

En principio hoxe haberá unha reunión para tentar buscar unha solución a isto, xa que o sábado, como en principio está disposto na regulamentación en caso de partido aprazado ou suspendido, o Baroña ten unha voda á que van a maioría dos xogadores, e o Portosín negase a rematar o partido xa que isto o consideran unha negativa do colexiado a arbitrar e non un feito producido por ningún dos dous equipos, xa que o partido foi limpo, e só se tardou nunha ocasión en entregar o balón.

No hay comentarios: