martes, 4 de septiembre de 2007

O C.D. Portosín recibe unha goleada nun campo no que nunca gañou.

Comezou a liga moi mal para o conxunto de Trapa. No seu campo maldito, o de herba artificial da Tasca en Aguiño, no que nunca gañou e do que en varias ocasións saiu goleado o conxunto portosinense, volveu sair cun saco de goles. O partido comezou moi mal, xa que nos primeiros minutos, o Portosín recibía un gol, e preto do cuarto de hora o segundo. Logo, dúas ocasións moi claras, nas que nin Maneiro nun remate de cabeza por riba do pao longueiro, nin Javi, logo de que o balón botara e se fora por riba do longueiro foron capaces de materializar. O conxunto portosinense comezou ben a segunda metade e nunha xogada embarullada no área estivo a piques de recurtar distancias. Pero o Sálvora, marcou o terceiro e o cuarto en dous minutos, e a lesión do porteiro Ivan, fixo que o conxunto portosinense se quedase con dez sobre o campo, e logo, o quinto, pechou a conta. O Portosín sae da primeira xornada como colista, e agora agardará remontar co paso das xornadas.

No hay comentarios: