lunes, 30 de abril de 2007

Ao Porto do Son valelle o empate.

A derradeira xornada deberá servir para certificar o ascenso do Porto do Son, xa que as opcións do Crocha son mínimas. Para ascender o Crocha, debería perder o Porto do Son no campo do Abanqueiro, xa campión, e o resultado deste partido xunto co que desputa o Crocha ante o Xuventú Aguiño sumase unha diferenza de goles de +22 en favor do conxunto da Pobra. Poñendo un exemplo, se o Porto do Son perde 1-0 ante o líder, o Crocha debería gañar por 0-22 no campo de A Tasca, cousa que semella pouco probable.

Ademais do Abanqueiro-Porto do Son e do Xuventú Aguiño-Crocha a derradeira xornada conta cos seguintes enfrontamentos: Artes-C.D. PORTOSÍN ; Gaviotas-Nebra; Olveira-Lesende; Puebla-Sálvora; Queiruga-Cruído; Unión B-Cures e Xuño-Baroña.

No hay comentarios: