lunes, 30 de abril de 2007

O Porto do Son é case conxunto de Segunda

Esta xornada deixou case finalizada a loita pola segunda praza de ascenso. O empate no derbi da Pobra entre Crocha e Puebla (1-1) deixou ao Porto do Son case en Segunda Autonómica, logo de gañar ao Olveira (3-0), xa que está a tres puntos do Crocha a falta da derradeira xornada por desputar, e o Puebla, quedará en Terceira Autonómica, xa que o separan catro puntos do segundo.

Tamén nos deixou a xornada a sorprendente derrota do Abanqueiro no campo do Sálvora (2-0) o que demostrou que ao conxunto de Boiro se lle da especialmente mal o campo de A Tasca, onde este ano xa saiu goleado polo Xuventú Aguiño (4-0) nese campo.

Os resultados do resto da xornada:

Portosín 2-Unión B 2; Nebra 4-Queiruga 2; Cruído 1-Artes 0; Lesende 2-Xuño 3; Cures 2-Xuventú Aguiño 2; Baroña 4-Gaviotas 2.

No hay comentarios: