lunes, 23 de abril de 2007

Categorías inferiores. Victoria ante o Cabo de Cruz na Copa de Boiro.

O C.D. Portosín alevín comezou con victoria a súa participación na Copa de Boiro ante o Cabo de Cruz.

O conxunto portosinense chegou ao campo de Neixón coa ilusión de facer algo importante nun grupo onde se terá que medir co campeón da zona do Barbanza, o Abanqueiro A, e con equipos como o Boiro, Cordeiro, etc...

O partido foi moi desputado e con moi bo xogo por parte dos dous equipos. Comezou adiantandose o Portosín por medio de Edu, pero ao pouco tempo empatou o Cabo de Cruz. Logo, Javi Tomé fixo outro gol, pero xa na segunda metade o Cabo de Cruz volveu igualar, e a partir de aí dominou o Portosín que ampliaría a vantaxe con goles de Adrian e Edu, de novo. Só a falta de un minuto o Cabo de Cruz deulle emoción ao partido cun gol que fixo tambalearse a victoria portosinense, pero o conxunto soubo manter a orde e o marcador non sufreu mais variacións. O 3-4 final deixa ao Portosín nunha posición privilexiada para afrontar o vindeiro partido ante o Cordeiro este sábado día 28 de abril ás 11.00 h. no campo de Neixón (Cespón).

No hay comentarios: