O Crocha, foi o gran beneficiado dunha xornada onde o Puebla perdeu a opción de dar un paso importante cara o ascenso, e onde o Porto do Son puido deixar case sentenciado o ascenso.
A xornada prevíase moi desputada, e así foi. Perdeu o terceiro, o Puebla, ante o campión de liga, o Abanqueiro, que se segue amosando como un equipo moi potente a pesar de ter xa acadado o seu obxectivo esta tempada, o ascenso. O conxunto de Exipto impuxose no seu campo a un equipo que perde opcións de ascenso, logo do 3-1 co que rematou o encontro.
E non as perdeu todas, porque o Xuño consigueu empatar ante o Porto do Son. O derbi sonense rematou cun empate a dous, entre dous conxuntos, que chegaban ao encontro en situacións ben distintas, o Xuño sen opcións e vindo de recibir unha goleada ante o Sálvora, e o Porto do Son, segundo, logo de marcarlle a semana pasada 10 goles ao colista. Pero o partido rematou en taboas e o Porto do Son tivo a fortuna de que o Puebla non gañase, xa que de facelo, complicariaselle o ascenso.
Destes dous resultados tirou proveito o Crocha, que se impuxo por 2-0 no campo de O Xobre ao Cures. O conxunto pobrense situase agora terceiro e desbanca ao Puebla, o seu veciño e gran rival, ao que ten a un punto, e está a un tamén do Porto do Son.
Do resto dos partidos, non cabe moito que destacar e os resultados foron os seguintes: Queiruga 1- Baroña 1; Xuventú Aguiño 4 - C.D. PORTOSÍN 4 ; Unión B 1 - Cruído 2; Artes 3 - Nebra 1; Gaviotas 0 - Lesende 4 e Olveira 3 - Sálvora 2.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario