lunes, 30 de abril de 2007

Copa do Concello. O de menos foron os resultados.

O C.D. Portosín desputou esta fin de semana ante o Nebra a terceira xornada da Copa do Concello de Porto do Son ante o Nebra no campo de Trapa en categorías alevín e benxamín, pero o de menos foron os resultados, xa que o Portosín sufriu un duro mazazo coa lesión dun dos seus rapaces, de gravidade. Edu, a falla de dous minutos, e logo de encarar ao porteiro visitante, ao caer sufriu a rotura do tobillo, do peroné e o desprazamento da tibia, polo que foi trasladado en ambulancia ao hospital da Rosaleda en Santiago, e operado no día de onte ás 18 horas. Onte xa se atopaba na súa habitación recuperandose, segundo as súas palabras, para xogar de novo.

Os resultados da xornada foron os seguintes:
- Alevíns: CD PORTOSÍN 0 - Nebra 2
- Benxamíns: CD PORTOSÍN 13 - Nebra 0

No hay comentarios: