martes, 24 de abril de 2007

O Cabo de Cruz xa é equipo de Terceira Autonómica e ao Palmeira só o salvaría unha miragre

O Sporting Lampón venceu na casa ao Cabo de Cruz por 2 goles a 1 na xornada número 32 de Segunda Autonómica, o que certificou o descenso matemática do conxunto crucense, que se une ao Dodro, descendido logo de empatar ante o Lavacolla a ceros e ao Galicia Bealo, descendido fai xa unhas xornadas.

Só restan dúas xornadas para o remate de liga, pero só unha miragre salvaría ao Palmeira, que non só depende dos resultados de Segunda, senón tamén dos de Primeira, xa que a pesar de que adiante ao Amio, o descenso do Escravitude, faría que o equipo de Riveira, se convirta tamén en equipo de Terceira Autonómica. Esta fin de semana o conxunto palmeirense acadou os tres puntos a costa do Cordeiro (1-0). Ao Amío un empate servirialle para facer descender ao Palmeira.

O conxunto padronés do Escravitude, mantén vivas as opcións de salvarse, logo de empatar esta fin de semana ante o Soneira a domicilio, pero esta fin de semana recibe ao Calo, un equipo que está en loita por unha das prazas de ascenso a Preferente, e un empate faría que o descenso se consumase, ademais só seriviría a victoria en caso de que tanto o Sporting Ciudad coruñés non sumase ou o Paiosaco só empatase.

Tamén en Segunda, consumouse o ascenso do Cidade de Santiago B, rival do C.D. Portosín na Copa do Sar, o que fai que o Atlético Oleiros, segundo, teña que tentar noutra ocasión o asalta á Primeira autonómica.

No hay comentarios: