martes, 24 de abril de 2007

Previa da XORNADA 33 en 3ª Autonómica. O Porto do Son pode acadar o ascenso.

A penúltima xornada en Terceira Autonómica presentase como unha xornada crucial para os dous perseguidores do Porto do Son, o Puebla e o Crocha, que se enfrontan no campo de O Xobre, nun derbi que se prevé moi quente, non só polo que se xogan ambos, senón tamén pola rivalidade que existe entre ambos conxuntos.

O empate entre ambos conxuntos, unido a unha victoria do Porto do Son ante o Olveira no Preguntoiro, faría que o conxunto sonense se unise ao Abanqueiro no ascenso a Segunda Rexional, e a pesar da victoria dalgún dos dous equipos da Pobra do Caramiñal, dependerían do resultado da derradeira xornada entre Abanqueiro e Porto do Son, sempre e cando os sonenses se impoñan ao Olveira, cousa que semella moi probable.

O C.D. PORTOSÍN desputa dous partidos esta fin de semana. O sábado ás 16.00 h. da tarde xogará o partido aprazado da xornada número 27 ante o Nebra, no campo de Prado. Mentres, o domingo, xogará ante o Unión B ás 17.00 h. da tarde no campo de Trapa.

A xornada 33 completana os seguintes encontros: Cures-Xuventú Aguiño; Cruído-Artes; Nebra-Queiruga; Baroña-Gaviotas; Lesende-Xuño e Sálvora-Abanqueiro.

No hay comentarios: