Na mañá do sábado botaba a andar a Primeira Edición da Copa do Concello en Categorías Benxamín e Alevín, cos partidos que enfrontaban a Porto do Son e Portosín.
No primeiro partido da mañá, o de categoría alevín, o Portosín comezou moi mal e ao descanso perdía por 2-0. Pero na segunda metade, o Portosín saiu máis enchufado e Edu ao pouco de comezar marcaba o 2-1, logo Adrián facía o empate e de novo Edu adiantaba ao Portosín no marcador, pero a partir de aí o conxunto visitante relaxouse e froito diso naceu o gol do empate do Porto do Son, co que practicamente rematou o partido. Con este empate ambos equipos se colocan empatados a un punto.
O partido do equipo benxamín non foi tan diferente, a pesar de que sí o foi o resultado. O Portosín adiantouse no marcador con un gol olímpico de Javi Tomé, pero logo o dominio do partido levouno o Porto do Son, que conseguiría, dous goles case seguidos, que o poñían co resultado de 2-1. Pero o Portosín saiu ao ataque na segunda metade, e Pablo primeiro, e Javi Tomé de falta a falla de dez minutos puxeron o marcador de 2-3 definitivo, co que o Portosín deu un paso importante de cara a meterse na final da competición.
Na vindeira xornada, o Porto do Son medirase ao Nebra no campo de Prado (17.00 Alevíns) (18.00 h. Benxamíns.) e o Portosín descansará, o que aproveitarán para xogar a Copa de Boiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario