lunes, 16 de abril de 2007
O C.D. Portosín volve a perder en Trapa
O Portosín volveu a colleitar unha nova derrota no campo de Trapa, no que xa fai unha volta que non consegue gañar. O conxunto local tiña en fronte a un rival que está loitando polo ascenso, e a pesar dunha primeira parte bastante igualada, xa que os visitantes só conseguiron un gol, na segunda o Portosín non foi quen de aguantar os ataques dun conxunto que quere estar o vindeiro ano en Segunda Autonómica. O Crocha impúxose por 0-3 e segue con aspiracións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario