A Segunda Autonómica no seu grupo cuarto, está sendo unha competición moi desputada, xa que hai varios equipos que loitan por escapar dos postos de descenso. Ben é certo, que o Galicia Bealo xa é equipo de Terceira, pero esta semana podense engadir a el 3 equipos máis sen importar o que ocurra nos seus partidos.
Todo isto está en mans dun equipo de Padrón, o Escravitude, que está fin de semana pode certificar o seu descenso a Segunda, en caso de derrota e empate do Paiosaco, co que desta categoría descendería un equipo máis, e faría que automáticamente Dodro, Palmeira e Cabo de Cruz non tivesen xa opcións de salvarse, e o Amio dependería de sí mesmo para tentar a proeza de seguir, xa que a falta de 4 partidos (12 puntos) está a 8 puntos da salvación.
O conxunto padronés ten moi compricada a tarefa da salvación xa que tería que gañar e agardar o pinchazo de varios equipo e nas derradeiras tres xornadas enfrontarase a cuarto, quinto e sexto clasificado. Ademais a cadea de descensos non beneficia para nada ao Escravitude.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario