A xornada 32 no grupo octavo de Terceira Autonómica, ten un partido que pode marcar as dúas derradeiras xornadas de liga, o Abanqueiro-Puebla.
O conxunto local, xa ascendido, e campión de liga, pode deixar ao Puebla lonxe do ascenso no caso de acadar a victoria, mentres que o conxunto do Caramiñal necesita unha victoria para non ver compricadas as súas opcións de militar a vindeira tempada no Grupo 4 de Segunda Autonómica. O partido presentase moi interesante sobre todo para os outros dous equipos que loitan co Puebla polo ascenso, o Porto do Son e o Crocha.
O conxunto sonense xogará un de tantos derbis da categoría ante o Xuño no campo de As Furnas. O partido prevese bastante sinxelo para os sonenses xa que o seu rival non se xoga nada na liga, xa que está moi lonxe do ascenso, pero o Porto do Son non deberá fiarse, xa que o campo de As Furnas é un campo sempre compricado.
O Crocha pola súa parte, recibirá ao Cures. O conxunto de Boiro chegará ao campo sen opcións de nada, e cunha xeira de resultados moi negativa, polo tanto, o resultado máis lóxico sería unha victoria local, antes do partido máis importante da tempada para eles, o Puebla-Crocha, o derbi, que podería decidir, sempre co permiso do Porto do Son, que equipo do concello da Pobra militará a vindeira campaña en Segunda.
Mentres, o Portosín visitará o sempre compricado campo de A Tasca para medirse ao Xuventú Aguiño. O conxunto portosinense nunca gañou no campo de A Tasca, e tentaráo facer por primeira vez, nunha tempada na que ambos clubes tiveron un papel bastante secundario, sobre todo na segunda parte da competición.
O resto da xornada será: Artes-Nebra; Gaviotas-Lesende; Olveira-Sálvora; Queiruga-Baroña e Unión B-Cruído.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario