martes, 15 de mayo de 2007

Alevíns. Victoria clara ante o Boiro

O sábado pola mañá o C.D. Portosín alevín acadou unha victoria que lle permite seguir soñando con acadar o primeiro posto na Copa de Boiro. O conxunto de Juan Montero, acadou unha cómoda victoria ante o Boiro (0-5) a pesar de que ao descanso chegaron con 0-0 no marcador. O vindeiro rival do noso equipo será o Unión B, o vindeiro sábado en Abanqueiro.

Pola tarde, o conxunto benxamín, logrou a victoria nun amistoso que o enfrontou ao Taragoña, no campo destes. O Portosín que xogou a fútbol 11 con 40 minutos por parte, adiantouse no marcador, pero o Taragoña ao comezo do segundo tempo logrou a igualada, e pouco despois fallou un penalti. Nos derradeiros minutos, Adrian marcou maxistralmente unha falta que certificou o 1-2 final.

No hay comentarios: