martes, 15 de mayo de 2007

Copa de Porto do Son. Só queda por coñecer o derradeiro finalista.

A Copa do concello de Porto do Son, decidiu esta fin de semana dous finalistas.

Na categoría alevín o Nebra impuxose con autoridade ante o Porto do Son, polo que o conxunto nebrense logra a clasificación logo do 0-4 obtido no Preguntoiro para a final. Pola súa parte, o Porto do Son deberá agardar o resultado que se produza no partido que a vindeira semana enfrontará a Nebra e Portosín para saber se xogará a final. Aos sonenses só lles vale a victoria do Nebra, xa que en caso de empate ou de victoria portosinense sería o Portosín o que se enfrontase na final ao Nebra.

Mentres na categoría benxamín, o Porto do Son sumou tres puntos que o meten na final, na que se medirá ao Portosín. O 18-0 co que rematou o partido certificou a clasificación sonense, como segundo de grupo, xa que pase o que pase na derradeira xornada, o Portosín será campión da fase previa, polo gol-average co Son.

No hay comentarios: