miércoles, 6 de junio de 2007

O sábado FESTA DO FUTBOL en Portosín

Ese sábado día 9 de xuño teremos no campo de fútbol de Trapa en Portosín actividades dirixadas a todos aqueles aos que lles guste o fútbol. Os actos centrais serán as finais de Copa do Concello que desptaran as categorías inferiores do noso clube ante Porto do Son en Nebra en categorías benxamín e alevín respectivamente.

Ademais entre as dúas finais realizarase un sorteo cun regalo sorpresa. A entrada é de balde.

Ademais todos aqueles aos que lles interese o fútbol e queiran para o vindeiro ano xogar nun clube en crecemento, poderán falar con calquera dos responsables do equipo de cara á vindeira tempada. As categorías inscritas son as seguintes: Benxamín, Alevín, Infantil, Senior masculino, senior feminino e veteranos.

No hay comentarios: