lunes, 11 de junio de 2007

Campións

Grande tarde de fútbol en Trapa onde os protagonistas foron as categorías inferiores do C.D. Portosín.

Comezou a tarde co partido de exhibición que enfrontou ás rapazas de Portosín contra o Resende feminino. O partido foi moi desputado e con continuas ocasións, sobre todo das locais que remataron por impoñerse por 4-1.

Ás 18.00, supostamente, estaba previsto que se xogase o partido entre o Portosín e o Porto do Son, que era a final da categoría benxamín, pero o Porto do Son non se presentou ao partido.

Os motivos do clube sonense para non presentarse ao partido foron que o Nebra de categoría alevín se deixou perder o domingo ante o Portosín no campo de Prado, cando o Portosín realizou un partido impresionante e gañou por 1-6, o que lle deu o pase á final aos portosinenses e da que se quedaba fora o Porto do Son. Os sonenses non souberon encaixar esta derrota e non compareceron este sábado para a final benxamín.

Ante esta situación o Portosín chamou ao conxunto de Esteiro, que xogou ante o Portosín un partido amistoso e cheo de alternativas con dous equipos que amosaron que saben tocar o balón a pesar da súa curta idade. O partido rematou con victoria local por 4-2.

Pero o prato forte chegaba ás 19.00 dado o abandono do Porto do Son da final benxamín, o Nebra era o rival do Portosín na final alevín. O Portosín e o Nebra buscaron o primeiro trofeo da tempada para ambos en fútbol 7 e que lle daría o peche á tempada. O conxunto local levouse o partido por 3-1, nun partido xogado de ti a ti entre dous equipos con gañas de converterse en campións.

Os trofeos foron os seguintes:

Esteirana benxamín e Lesende feminino: Trofeo pola participación

Categoría alevín:

Campión: C.D. Portosín
Subcampión: Nebra C.F.
Máximo goleador: Sergio (Nebra)
Porteiro menos batido: David (C.D. Portosín)

Categoría benxamín

Campión: C.D. Portosín
Terceiro clasificado: Nebra C.F.
Máximo goleador: Alexandre (C.D. Portosín)
Porteiro menos batido: Jorge (C.D. Portosín)

No hay comentarios: