Dados os continuos rumores sobre a desaparición do conxunto senior masculino do Club Deportivo Portosín, a directiva sae ao paso das mesmas, asegurando:
1º - Nunca foi a intención da directiva non contar con ese equipo, xa que dende o remate da tempada 2006/2007, buscamos solucións para conseguir contar cun equipo serio e competitivo de cara á tempada que comezará en setembro.
2º - Estamos en contra das manifestacións feitas por directivos de outros equipos aos nosos futuros xogadores anunciando a desaparición do equipo cando iso nunca foi real.
Por isto afirmamos que para a tempada 2007/2008 o Club Deportivo Portosín CONTARÁ con equipo na Terceira Autonómica.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario