Este sábado día 30 de xullo o Portosín desputará un partido entre os seus conxuntos senior e veteranos, de cara a preparar a vindeira tempada.
O conxunto senior presentará un equipo con moitas novidades, aínda que se agarda que sexa cara mediados de xullo cando conte con todos os seus efectivos. As baixas xa coñecidas para sábado son as de David e Javichu, que militaron xa no Portosín a pasada campaña, e Rubén, dianteiro que o ano pasado militou no Noia de xuvenís. Mentres, os veteranos que xa realizaron o seu primeiro partido fai dúas semanas, presentarán un conxunto onde se unen grandes xogadores das mellores épocas do Portosín, baixo a tutela de Jose María Santiago.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario