lunes, 20 de agosto de 2007

O Portosín masculino comezará a liga no campo de A Tasca e o feminino na casa

A propia petición do club, para cadralo co calendario feminino, o C.D. Portosín senior masculino, encadrado na Terceira Autonómica, Grupo 7, comezará a competición en Aguiño ante o Sálvora o 2 de setembro. O conxunto portosinense quedou encadrado nun grupo que en principio será impar, dado que o Palmeira optará a volver a ascender no caso de que acepte a praza do Cruces (equipo de 2ª Autonómica que desaparece) no grupo 5 de 2ª Autonómica.

O segundo partido, primeiro na casa, será cun rival a priori moi compricado, o Valiño S.D. tamén coñecido como Cabo de Cruz, que comezará a liga ante o Crocha na casa.

O mesmo día que o Portosín masculino xoga o primeiro partido na casa, arrinca a liga feminina, onde o Portosín xogará ás 11 da mañá ante o Dubra en Trapa, e o seguinte partido xogarao en Santa Comba ante o Viajes Amarelle Santa Comba.

No hay comentarios: