lunes, 20 de agosto de 2007

Derrota no primeiro partido de Pretempada

O C.D. Portosín senior masculino caeu derrotado o sábado no partido das Festas do Carme ante o Lesende por 1-3. O conxunto lousamiano amosouse moito máis rodado ca o portosinense, dado que os primeiros comezaron os adestramentos xa fai un mes, e os de Portosín comezaron o venres. A pesar do resultado, o partido foi moi igualado. Co 1-2 Rubén tivo a ocasión de empatar pero o porteiro solventou ben o man a man, e logo chegou un penalti moi riguroso en contra dos portosinenses que pechou o marcador.

Un dos principais problemas do Portosín neste partido foi a falla de centrais puros, xa que tiveron que ocupar esa posición David e Álvaro (ambos laterais) e Pedro (centrocampista) dado que tanto Alfonso como Popa non puideron asistir por motivos laborais ao partido. Tanto Pedro como Javi incorporaronse para a segunda metade, logo de sair do traballo. Non só Popa e Alfonso non poideron asistir, senón que tamén faltaron Mingochas e Jachía, por motivos familiares.

Tanto o adestrador coma o presidente quedaron moi contentos do rendemento dos seus xogadores neste partido, no que o equipo se amosou moi ben, pero con falta de rodaxe. O Portosín presentou a seguinte aliñación: Ivan (porteiro), Marcos, David, Álvaro e Héctor (defensa), Isma, Paco, Dani, Carlos e Ruben (medio) e Dario en punta. No banquiño comezaron Kike e Beatle ata o descanso cando se incorporaron ao equipo Pedro e Javi. Este venres o Portosín voltará a adestrar ás 9 da noite, contando coa maioría da plantilla, xa que ata o día 1 de setembro non contará coa totalidade dos xogadores, dado ao seu traballo en tempada estival.

No hay comentarios: