lunes, 7 de abril de 2008

Catro goles de Mar danlle a victoria ao Portosín

O C.D. Portosín venceu este domingo ao Unión B por 4-1 no campo de Trapa.

A pesar de que comezou o partido moi mal, e aos dez minutos adiantouse o conxunto visitante o conxunto portosinense, rematou impoñéndose na xornada deste domingo.

Ao remate da primeira metade, Mar, dende dentro da area logo dun pase de Javi empataba o partido, e así se chegaba ao descanso. Rematado o descanso o C.D. Portosín foise arriba e decidido a polo partido. Primeiro un gol de libre indirecto de Mar, e despois outros dous goles do mesmo xogador, fixeron que o partido rematase con 4-1.

A pesar desta victoria o equipo continua no décimo posto con 43 puntos, a 1 de Cruído e Cures, e a 4 do Aguiño e 6 de Cabo de Cruz (ambos cun partido máis).

A vindeira xornada o C.D. Portosín visita ao Galicia Bealo, un equipo que este domingo perdeu a oportunidade de deixar sentenciada a loita polo ascenso, pero que logo de perder ante o líder a domicilio, ve como se lle achegan Lesende e Puebla, se ben é certo que o conxunto bealense conta con un partido menos que ambos. Outra das novas da xornada é que o líder, o Crocha xa é equipo de Segunda Autonómica.

No hay comentarios: