viernes, 4 de abril de 2008

Xornada importante na liga

Este domingo vivirase en Terceira Autonómica a que será a xornada máis decisiva de cara aos postos que dan dereito a xogar o ano que ven en Segunda Autonómica.

Son dous os partidos que marcaran especialmente esta xornada, o Crocha-Galicia Bealo e o Lesende-Puebla, é dicir, primeiro contra segundo e terceiro contra cuarto.

O partido Crocha- Galicia Bealo podería deixar aos locais ao remate en Segunda matemáticamente e aos visitantes metelos en problemas de cara á recta final. o Crocha que conta con 70 puntos, ainda perdendo seguiría mantendo moitas opcións de xogar a vindeira tempada en Segunda, mentres que a victoria do Bealo o deixaría a 3 puntos do conxunto crochense, cun partido menos, o suspendido ante o Sálvora co resultado de 1-2 en favor dos de Bealo.

Moi atentos a este partido estarán o terceiro e o cuarto que miden as súas forzas no campode Cabanetán. Un partido que estará marcado polo trascendental que é para ambos equipos, xa que unha derrota os deixa practicamente fora da loita polo ascenso. O conxunto lesendista está con 63 puntos na clasificación, mentres que o Puebla conta con 62.

Só o Crocha pode ser esta fin de semana matemáticamente equipo de Segunda, coa seguinte combinación de resultados, a súa victoria, e un empate no outro encontro, xa que iso os deixaría a 9 puntos do terceiro, que sería o Lesende con 64 puntos co gol average a favor do Crocha, a falla de 9 puntos.

En referencia aos descensos hai dous equipos que o vindeiro ano xogarán na Terceira autonómica procedentes de Segunda, o Carreira e o Palmeira, este milita no grupo 5º ainda que por proximidade o ano que ven xogará no grupo 7 de Terceira autonómica.

No hay comentarios: