A xornada 31 en Terceira Autonómica, deixounos xa o novo campión da competición, a falla de tres xornadas. O Abanqueiro logo de golear ao Olveira no campo de Exipto (4-0) logra o título da categoría, co que só queda dilucidar quen será o equipo que o acompañe á Segunda.
Nesa loita seguen inmersos tres equipos, pero quen ten de momento a posición gañada e o mellor calendario é o Porto do Son. O conxunto sonense recibía onte a visita do colista, o Gaviotas, e impuxose con total autoridade ante o seu público dando un paso máis cara a consecución do seu obxectivo. O 10-0 final indica a diferencia entre ambos equipos no campo.
Pola súa parte, o Puebla, segue trala estela dos sonenses, dos que só os separa un punto, logo de gañar tamén na casa ao Cures por 3 goles a 1. Os da Puebla dependen do Porto do Son ou dunha reclamación contra o Lesende, que lles podería outorgar 3 puntos que os colocarían no segundo posto.
Mentres, o terceiro en discordía, o Crocha venceu no campo de Trapa ao Portosín por 0-3 e segue a 3 puntos do Porto do Son.
O resto da xornada resultou pouco atractiva, dado que os demáis equipos non se xogaban nada, e os resultados foron os seguintes:
Cruído-X. Aguiño 2-2; Lesende-Queiruga 1-2; Nebra-Unión B 1-1; Sálvora-Xuño 3-0.
Suspendeuse o encontro Baroña-Artes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario