O Club Deportivo Portosín conta cunha nova xunta directiva que levará o club, en principio, durante os vindeiros 4 anos.
A directiva foi creada dende dentro do club, xa que a dimisión do anterior presidente por incompatibilidades persoais, fixo que as dúas persoas que quedaban na directiva, buscasen apoios para arranxar esa situación.
Así, o anterior secretario, pasa a presidir a entidade deportiva. Jesús Carleos agarda que o Portosín poida contar algún día non moi lonxano con todas as categorías, e que o conxunto senior, que o ano pasado atravesou unha tempada moi negativa, dado ás poucas gañas de xogar que lle puxeron algúns, comece cun conxunto moi xoven. O presidente manterá unha reunión o vindeiro sábado 30 de xullo con aquelas persoas que lle manifestaron o seu interese por pertencer ao club de Trapa.
O vicepresidente e máximo responsable do conxunto de veteranos, Oscar Carreño, manifestou o seu interese para achegar o equipo de fútbol a todos os comerciantes, veciños e a todos aqueles que sendo de Portosín ou vindo ocasionalmente lle guste disfrutar do fútbol base.
Mentres, o anterior vicepresidente, convertese no secretario, e apoiará a Oscar Carreño nas xe organización do equipo de veteranos.
Juan Ramón Montero, adestrador o ano pasado do conxunto alevín, ocupa agora o cargo de tesoureiro, e respresentará dentro da directiva aos conxuntos de base e feminino.
A xunta directiva agarda chegar a un acordo entre todos os equipos e que esta tempada sigan adaptandose á competición tanto rapaces coma maiores, sen pensar en obxectivos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario