Felipe e Adrian non comezarán a tempada 2007/08 no C.D. Portosín. Esta fin de semana logo de ter falado co presidente da entidade, chegaron a esa decisión logo de que nas dúas tempadas anteriores o comportamento destes dous xogadores fose completamente comprometido tanto co clube como cos seus dirixentes. Os motivos da súa marcha son a falla de seriedade que amosaron certos xogadores, e que nas dúas tempadas anteriores, deixou ao Portosín nunha situación delicada, chegando a xogar con 7 nalgúns partidos.
Mentres que Felipe será novo xogador do Lesende C.F. Concello de Lousame, club do que xa coñecía o interese polo xogador o Portosín, Adrian aínda non confirmou a que club, no caso de que o houbera, iría.
Dende esta páxina, simplemente agradecerlle o seu compromiso e a súa entrega a este club durante o tempo no que foron os seus xogadores, deixandolle as portas abertas a dous excepcionais xogadores e dúas excepcionais persoas por se algún día deciden voltar ao equipo portosinense e moita sorte a ambos en todo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario