jueves, 19 de julio de 2007

Xa se coñece a data dos sorteos

O Club Deportivo Portosín xa coñece cando se realizaran os sorteos das súas diferentes categorías dependentes da Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol:

O luns día 20 de agosto ás 20.30 h. comezarán a sortearse os calendarios dos conxuntos senior masculino, de Segunda Autonómica (Grupos 4 e 5) e de Terceira Autonómica, onde está encadrado o Portosín, no grupo 7.

O mércores día 22 de agosto, tamén á 20.30 h., sorteanse os calendarios de categorías infantil, alevín e benxamín, e agás os primeiros, nos demais o Portosín conta con representación.

No tocante ao conxunto senior feminino, depende directamente da Federación Galega de Fútbol de A Coruña, e está prevista unha reunión para este venres 20 de xullo ás 20.00 h. O equipo de veteranos terá que agardar ata o mes de agosto para saber se ten praza ou non na liga de veteranos da tempada 2007/2008.

No hay comentarios: