O conxunto senior masculino ven de confirmar que Severiano Lorenzo, máis coñecido no mundo do fútbol como Chano, será o adestrador do equipo durante a vindeira tempada. O novo adestrador do Portosín, ven de lograr o ascenso a categoría autonómica co Noia C.F. de categoría xuvenil a pasada campaña, sendo líder durante toda a liga.
Segundo o presidente, está sempre foi a mellor opción das que se barallou dado que Chano, está acostumado a adestrar equipos de fútbol base, e o Portosín este ano conta con xogadores moi xovenes, a maioría pasaron a categoría senior nos derradeiros dous anos. Ademais o adestrador de Portosín coñecen ben ao club, dado que xa adestrou en outras oportunidades ao conxunto portosinense.
O adestrador comezará o seu traballo coa plantilla o día 3 de agosto no campo de Trapa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario