A asamblea ordinaria da Federación Galega de Fútbol celebrada o sábado 14 de xullo en A Coruña, e á que asistiu o presidente do C.D. Portosín, aprobou tanto o calendario, coma a composición de grupos, que se realizou de cara á tempada vindeira, onde o Portosín senior quedou encadrado no grupo 7 de Terceira Autonómica.
Os rivais do noso conxunto serán: Galicia Bealo, Palmeira, Cabo de Cruz, Lesende, Cruído, Nebra, Baroña, Queiruga, Xuño, Xuventú Aguiño, Sálvora, Olveira, Artes, Unión B, Cures, Crocha e Puebla.
A tempada dará comezo o día 2 de setembro. Está pendente de confirmar a data na que se realizará o sorteo do calendario definitivo.
O que non se aprobou na asamblea foron os presupostos da F.G.F.
O C.D. Portosín ten case confirmado ao adestrador para a tempada que ven.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario