miércoles, 26 de marzo de 2008

Partidazo en Trapa. Portosín 0 Puebla 1

O partido desta fin de semana entre o C.D. Portosín e o Puebla, resultou ser un dos partidos máis vistosos da tempada actual.

O que se prevía unha victoria facil para os pobrenses, dado a necesidade dos puntos, e que chegaban a Trapa con toda a súa artillería para non perder a estela do ascenso, do que o separaban 5 puntos, convertiuse nun partido entretido entre dous equipos que semellaron parecidos en canto ao seu fútbol, a pesar da diferenza de puntos na clasificación.

O conxunto portosinense saiu moi motivado, e froito do seu xogo vistoso creou numerosas ocasións contra a portería pobrense durante toda a primeira metade, ao igual que o elenco pobrense que respondía con ocasións ás acometidas do rival.

A segunda metade foi máis entretida, o Portosín tivo a ocasión máis clara do partido no minuto 70, cando o porteiro pobrense sacou unha man prodixiosa para evitar que o disparo de Dario se convertese no 1-0, e 5 minutos despois un erro defensivo do noso equipo fixo que o Puebla subise o único gol do partido ao marcador. A partir de aí pouco que reseñar ataque tras ataque pero sen cambios no marcador.

Mención especial tamén para o colexiado do encontro, que sen dúbida algunha foi o mellor colexiado de todos os que pasou por Portosín esta tempada.

No hay comentarios: